ACTA Nº 16

 

(Ernesto Pérez, Florencio González, Francisco Conde e Juan Gutiérrez).

 

En Mariñán, sendo o día 2 de agosto de 1997 procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas, co seguinte orde do día:

1º- Lectura e aprobación da Acta anterior.

2º- Aspectos varios do Torneo Internacional Sagrada Familia.

3º- Facultar ó presidente para solicitar subvenciones a diversos organismos públicos e privados.

4º- Rogos e preguntas.

Leese a acta da Xunta Directiva e da Asamblea Xeral anterior, quedando aprobadas por unanimidade.

O presidente informa do desenrolo do Torneo Internacional de Sagrada Familia, as datas de celebración, o custo, da páxina de Internet do Torneo e a publicación no Albi Equi, estanto todos de acordo na estructura do Torneo.

Asímesmo, acórdase facultar ó Presidente, D. Ernesto Pérez, para solicitar, en nome da asociación, subvencións e axudas a todos os organismos públicos e privados, nos que a súa convocatoria establezca esta posibilidade.

Non hbendo rogos e preguntas, nen outros asuntos a tratar, EU, o Secretario dou por concluida a reunión de cuios acordos DOU FE.