ACTA Nº 18

 

(Ernesto Pérez, Florencio González, Francisco Conde e Juan A. Gutiérrez).

 

En Mariñán, sendo as 12 horas do día 19 de abril de 1998, procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas, sendo tratados os seguintes puntos:

Leese e apróbase a Acta da Asamblea Xeral anterior.

Establécese que a Xunta Directiva reunirase cada dous mese, o último domingo que coincida. Ademáis, acórdase que a Asamblea Xeral Ordinaria anual celebrase no mes de xullo do ano en curso.

Asimesmo, acórdase a entrada dun novo directivo da asociación, co obxetivo de xenerar máis recursos. Proponse a Jesús Orosa, sendo aceptado por todos.

Infórmase da reunión mantida por todos os delegados do rupo AGAX o 20 de febreiro, así como de todos os acordos adoptados nesa reunión.

Acordase que francisco conde se encargue da tesorería de Asencudega, e Juan Gutiérrez de buscar subvencións.

Tamén acordase mandar un escrito a asociación Sagrada Familia, recordándolle os puntos de Convenio firmado con AGAX.

Acordase ademáis seguir ca xestión para compra de local, así como pedir subvención para a adquisición de éste, facultando ó presidente, Ernesto Pérez, a facelo ante calquera organismo público e privado.

Acórdase participar o día 9 de mayo no día da Ciencia na Calle.

Aprobase a celebración dos seguintes torneos.

Liga de Asencudega de Primavera.

Liga de Rápidas El Corte Inglés.

Torneo Santo Domingo.

Tamén se acorda solicitar subvencións ó Consello da Coruña, facultando para elo ó presidente, Ernesto Pérez.

Acórdase pagar 40 pesetas por cada partida pasada da planilla a ordenador, pagándoas en cheques-regalo do Corte Inglés.

Aprobase o contido do Albi Equi da Primavera do 98.

Non habendo pregos e requerimentos, nin outros asuntos a tratar, dase por concluida a reunión, dando fe dos seus acordos, EU, o Secretario.