ACTA Nº 29

 

Reunidos en A Coruña o día 18 de outubro de 2002 as persoas citadas á marxe (Ernesto Pérez, Francisco Conde,  Santiago Domínguez), procédese a celebrar Xunta Directiva da Asociación Galega de Axedrecistas co seguinte orde do día:

 

1- Lectura da Acta anterior, que resulta aprobada.

 

2- Infórmase de que a Deputación de A Coruña comunicou a concesión de 500 euros para a realización do boletín Albi Equi. A intención da xunta é acadar apoio, na convocatoria do 2003, para a elaboración de AGAXNET, o proxecto de AGAX na rede; por contra, reducirase a amplitude do proxecto Albi Equi. Todo isto é consecuencia do mandato dado pola Asamblea Xeral, acordo de 30 de agosto de 2002 (acta 28, 2.6).

 

3- Infórmase de que o calendario de torneos que foi establecido na última Asamblea estase a cumprir de forma satisfactoria. A este calendario sumouse a celebración do Torneo Absoluto da delegación Coruña Centro, en colaboración co centro A Sociedade de Sada.

 

4- Acórdase solicitar por algún membro do grupo a organización dos torneos Sub16 e Sub14 da delegación. Estes torneos coincidirían ca Liga de Outono, que AGAX vai organizar ca colaboración de Palaestra e Asencudega.

 

5- A Xunta Directiva aborda o tema dos equipos do grupo e a súa composición de cara a liga federada do ano 2003. O equipo Palaestra seguirá a ter unha base formada por os xogadores do Colexio Maristas. O equipo Santo Domingo este ano será a plataforma de xogo dos alumnos que asisten en diferentes centros ás actividades de encino de AGAX. O equipo Dominicos voltará a ter sección “A” e sección “B”: o “A” terá a base do ano pasado, e o “B” recibirá fortes reforzos, en previsión de posibles baixas no “A”, de forma que poidan actuar xogadores do “B” no “A” sen ter que quedar despois fixos no equipo de segunda. O CIDU esa pendente de confirmar o seu plantel.

 

6- Preséntanse os “programas educativos de AGAX”, que divídense en tres niveis:

Nivel 1: Para xogadores sen coñecementos.

Nivel 2: Para xogadores con poucos coñecementos.

Nivel 3: Para xogadores con algúns coñecementos.

Tras acadar o nivel 3, os xogadores que o superen con éxito accederán a niveis sobre temas específicos.

 

7- Os xogadores e socios de AGAX Juan Bouzas e Jesús Rodríguez informaron a xunta de que no centro no que imparten clases, San Francisco Javier, os alumnos incrementáronse de cinco no ano anterior a vintecinco no actual.

 

8- Dase a coñecer a creación do Club Ludo, que levará a cabo actividades de apoio a asociación. A xunta autoriza ó presidente para que poida aprobar pagos a Ludo, a modificar os pagos ós monitores, e a crear incentivos por productividade.

 

9- AGAX comenzou as súas actividades no Colegio Público Integrado Club do Sar en Bergondo.

 

10- A partir do venres 25 de outubro AGAX colaborará co programa OcioOleiros, organizado polo Consello de Oleiros de 23:00 a 01:00, durante varias semanas. Isto pode afectar ós horarios do Clube Brigantium.

 

11- Segue en estudio o tema das becas.

 

12- Preséntase o Albi Equi número 13, adicado ó segundo semestre do ano 2001.

 

13- Convócase Asamblea Xeral para o martes 31 de decembro do ano 2002.

 

Sen máis temas que tratar péchase a xunta.